Datum
Freitag, 10. August 2007 — Samstag, 11. August 2007
Ort
Valga
Spain
Link
Beschreibung
Nestes tempos de sobresaturación macrofestivaleira resulta cada vez máis evidente que os que máis se desfrutan son aqueles nos que non hai grandes masas e o número de grupos que tocan se poden contar cos dedos das mans. É o caso de ArteNativa, un novo festival que terá lugar este verán -10 e 11 de agosto- na moi estratéxica vila de Valga -a medio camiño de todas partes- con un cartaz case exclusivamente galego, o que indica claramente por onde van os tiros. Non sería estraño que este festival rematara sendo o festival de referencia da escena pop galega, unha especie de Contempopránea galego. Aínda por riba este vai ser gratuito e con zona de acampada -ben fermosa, a carón do río- tamén de balde. Este é o cartel definitivo:
VENRES 10 DE AGOSTO:
- Nadadora
- Jugoplastika
- Colectivo Oruga
- Middle Brains
- DJs
SÁBADO 11 DE AGOSTO:
- Triángulo de Amor Bizarro
- 6pm
- The Homens
- Noise Project
- O Leo i Arremecaghona!!!
- DJs
Lineup (8)
Du möchtest keine Anzeigen sehen? Führe jetzt das Upgrade durch